PICTIOGRAMAS nas INSTALACIONS DEPORTIVAS de OLEIROS

O Concello de Oleiros instala pictogramas nas instalacións deportivas para as persoas con déficits cognitivos
O Concello de Oleiros, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, instalou pictogramas no Centro Deportivo Oleiros e na piscina de Dorneda co obxectivo de contribuír a xerar espazos públicos máis amables e comprensibles para as persoas con déficits cognitivos como son as persoas con autismo.

A iniciativa consiste na adaptación da comunicación gráfica, como a sinaléctica, dos espazos, co obxecto de favorecer a autonomía persoal e o desenvolvemento, no seu uso, das persoas con autismo usuarias destes. Igualmente pódense ver favorecidas por esta iniciativa outras persoas usuarias das instalacións con outros déficits cognitivos.

A accesibilidade cognitiva consiste nos distintos recursos que a comunicación deber cumprir para que a información sexa accesible, por isto é fundamental incorporar ás políticas públicas a adopción de medidas neste sentido, posto que os servizos sociosanitarios están repletos de información que por exceso ou por ser confusa poden impedir ás persoas con déficits cognitivos desenvolverse coa autonomía suficiente. Este proxecto propón a utilización de apoios visuais, concretamente, pictogramas que son debuxos esquemáticos, sinxelos, lineais e con poucos detalles, que favorecen a comprensión e  contribúen á superación das barreiras comunicativas. Na páxina web www.autismogalicia.org pode descargarse  de xeito gratuíto unha guía de accesibilidade cognitiva “Comprendo o meu entorno”, que inclúe exemplos de boas prácticas nesta materia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s