StartUp Weekend de Educación

En outubro celebrarase unha Startup Weekend destinada a buscar solucións para o sector da educación
venres, 2 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Manuel L. Pan, de Abertal Network, fixo de anfitrión e pregoeiro desta edición da LaconNetwork
O Campo da Festa da Milagrosa en Carballo acolleu esta tarde a celebración da 75ª edición da LaconNetwork, encontro que xuntou a ducias de profesionais e emprendedores do sector TIC galego, que desta volta aproveitaron a conxuntura para celebrar que a empresa anfitrioa, Abertal Network, cumpría 20 anos, aniversario digno de mencionar nun sector tan novo, e que xa conta con empresas cunha traxectoria tan longa e prolífica.
O encontro converteuse en toda unha romaría, comezando o evento cun acto inaugural a cargo de Manuel L. Pan, de Abertal, quen deu conta do aniversario da súa compañía e salientou o interese da organización de encontros deste tipo para facer networking entre os profesionais do sector, dando logo paso a Juan José Fernández García, presidente da asociación TADEGa, quen quixo aproveitar o encontro para anunciar aos presentes que entre os días 14 e 16 de outubro vai celebrarse no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela unha nova edición de Startup Weekend, que desta volta terá un obxectivo temático, destinándose a habitual creación de proxectos empresariais a través da colaboración dos asistentes repartidos en grupos ao desenvolvemento de proxectos educativos.

Juanjo Fernández convidou aos presentes a participar na vindeira Startup Weekend Galicia EDU
Temos así que o Startup Weekend Galicia EDU xuntará a profesorado, tecnoloxía e comunidade emprendedora para identificar oportunidades para os retos da educación.
Os equipos que se formen no encontro traballarán xuntos durante 54 oras para crear ferramentas de base tecnolóxica enfocadas a resolver un problema concreto na educación entre os estudantes de calquera nivel educativo.
Poden participar nestas xornadas estudantes universitarios interesados no hacking, o deseño de interfaces de usuario ou que simplemente queiran mellorar a educación, profesores con ganas de compartir a súa visión e experiencia, membros da comunidade educativa, desenvolvedores informáticos, deseñadores, emprendedores… en definitiva, calquera persoa que queira colaborar nos obxectivos deste encontro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s