Archivo de etiquetas| CALIDAD EDUCATIVA

Premio “Líderes en Calidade Educativa” de Galicia

ASPRONAGA ha recibido de la mano de Fundación Expourense el premio “Líder en Calidad” en el sector Educación.

Este galardón reconoce, anualmente, a empresas gallegas que apuestan por modelos de gestión basados en Sistemas de Calidad. ¡enhorabuena a todos!

http://www.expourense.org/not.php?id=296#.WCXPrvS2q6k

Sector Educación: Aspronaga (A Coruña).
Interviu o seu director de Calidade, Juan Fontela. Situado na Coruña, a Asociación Para as Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia ASPRONAGA é unha asociación que agrupa a pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual, desde 1962. O seu fin é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual mediente a prestación de apoios e a reivindicación dos seus dereitos. O seu fin último é lograr unha maior e mellor calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e está inspirado nos principios de normalización, autonomía e integración social. En canto ao seu proxecto educativo, entende a Educación como un proceso que promove a formación, o crecemento persoal e social pero, sobre todo, que prepara ás persoas para desenvolverse na súa realidade social e cultural. O seu obxectivo educativo é proporcionar un servizo de calidade aos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade intelectual e ás súas familias, desenvolvido con transparencia e sen ánimo de lucro, promover o apoio mutuo e a participación das familias e contribuír ao avance da inclusión educativa. Está certificado en ISO 9001.

Premio “Líderes en Calidade Educativa” de Galicia

cee-nosa-señora-de-lourdes