Archivos

Taller E-TEXTILES (Tadega)

FECHA: 18 de Abril

LUGAR: Fundación Curros Enriquez-Celanova (Orense)

HORARIO: 10:00 hs (jornada de mañana)

COSTE: 15€ (no socios)-5€ (SOCIOS de TADEGA)

Entre todos crearemos un LIBRO SENSORIAL (vista, oído y tacto) con leds, zumbadores y vibradores.

¡¡¡Lo más importante!!!

Trae unas buenas tijeras y recortes de tela, botones, corchetes

Reserva tu plaza: https://forms.gle/BxsJwnDC42CraVk28

 

TADEGa celebrará os seus dez anos de andaina con tres grandes citas tecnolóxicas

A asociación TADEGa, colectivo galego a prol das novas tecnoloxías diversas e inclusivas, está a celebrar este ano 2017 o seu décimo aniversario como asociación (foi constituída como tal en 2007, establecéndose xa dende ese intre o seu firme compromiso a prol de non deixar a ninguén fóra da Sociedade do Coñecemento). Para celebralo, os seus integrantes queren rematar o ano convocando unha serie de festexos-actividades.
O roteiro de celebracións comezará en outubro, entre o 20 e o 21, da man da quinta edición do Congreso TADEGa (décimo aniversario), que se vai celebrar na Facultade de Educación da Universidade da Coruña baixo o lema Destino: inclusión educativa e dixital e desenvolvendo o seu programa a través de múltiples obradoiros, todos eles co nexo común de abrir novos vieiros para facilitar a chegada e afianzamento de tecnoloxías para todas e todos, dende as escolas até os ámbitos académicos e profesionais.
A segunda parada será a oitava convocatoria co Congreso TecnoNEEt, que se celebra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro, en Murcia, xirando arredor da tecnoloxía accesíbel e inclusiva e facendo fincapé nos logros e nos desafíos que esta loita a prol da accesibilidade implica.
A terceira parada será a segunda edición do II Startup Weekend EDU Galicia, previsto para os días 15, 16 e 17 de decembro, en Santiago, baseándose boa parte do seu programa en mostrar as achegas máis innovadoras das nosas novas empresas en materia de novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito docente.

TADEGA

Startup Weekend EDU Galicia

Vamos a por la SEGUNDA edición.Apostando por un cambio en educación!!!! Tadega Net Avelino Correa Marquez

Quieres cambiar o mejorar la educación actual, pues ha llegado el momento; en el mes de Diciembre los días 14,15 y 16 celebraremos la segunda edición de la Startup Weekend Educación de Galicia , te esperan 54 horas de aprendizaje y trabajo en equipo.
En breve abrimos inscripciones¡¡¡¡

https://www.facebook.com/SWEDUGalicia

STARTUP

 

Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Xa é oficial: Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscricion remata o 15 de outubro.

Obxectivo xeral:

O obxectivo do programa Aulas I+I (aulas inclusivas e igualitarias) é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que  a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:

  • Reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado con capacidades diferentes na escola.
  • Potenciar que o alumnado sexa parte activa na toma de decisións.
  • Producir un cambio metodolóxico nas aulas, que dea cabida a todo o alumnado.
  • Formar o profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.

Obxectivos específicos:

PARA O ALUMNADO

  • Identificar condutas sociais excluíntes.
  • Desenvolver técnicas de traballo cooperativo que favorezan a empatía co alumnado máis desfavorecido (simulación de casos, xogos de rol…).
  • Valorar o traballo cooperativo como unha estratexia de solidariedade necesaria para a vida en comunidade.
  • Deseñar ou elaborar recursos creativos, dixitais… que favorezan a inclusión.
  • Lograr un coñecemento práctico sobre as diferenzas mais salientables que se atopan na aula/escola.

PARA O PROFESORADO

  • Definir o que se entende por exclusión, segregación, integración e inclusión.
  • Definir o que se entende por diversidade funcional.
  • Abordar o tratamento conceptual sen incorrer en usos discriminatorios da linguaxe.
  • Rebaixar os niveis de autocompracencia cos obxectivos conseguidos na inclusión.
  • Poñer en práctica estratexias ou metodoloxías que favorezan a integración de todo o alumnado nas dinámicas de aula.
  • Realizar actividades que favorezan o contacto coa diversidade funcional para poñer en práctica as aprendizaxes adquiridas.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.
  • Identificar as potencialidades do alumnado.
  • Formarse nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Mellorar as estratexias para que os grupos humanos funcionen por solidariedade e por empatía.
  • Avaliar a idoneidade dos espazos e dos recursos físicos e humanos do centro que favorecen a inclusión (portas, pupitres, ascensores, aseos, accesos, equipos informáticos, dotación tecnolóxica, profesorado especialista…).
  • Implicar o centro e as familias nas accións desenvolvidas para que a integración sexa un obxectivo compartido.
  • Establecer canles de participación para o alumnado e o resto da comunidade educativa onde poder debater e delatar as cuestións de interese.
  • Favorecer o contacto e o traballo en rede entre centros participantes no programa ou centros de referencia no ámbito da inclusión (ex. TADEGA, ASPANAES, ASPRONAGA, CPI José García García, Cruz Vermella, etc.).

PARA AS FAMILIAS

  • Lograr que as familias acollan a diversidade das aulas como un valor engadido e inherente á diversidade dos grupos humanos.
  • Lograr a participación activa das familias nalgunhas actividades desenvolvidas ao abeiro da participación no programa.
  • Colaborar coas familias na busca das potencialidades do alumnado, para que toda a comunidade educativa traballe polos mesmos obxectivos, deben coñecer e recoñecer para mellorar.

Metodoloxía recomendada

Abordarase unha proposta metodolóxica de aprendizaxe por proxectos baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno inmediato. O centro deseñará actividades para levalas a cabo no propio centro dentro dun proxecto interdisciplinario que inclúa elementos do currículo de diversas materias, áreas, ámbitos ou módulos e que se integre nas programacións específicas do profesorado participante e na programación xeral anual.

O centro contará co apoio do equipo de Tadega e cooperativamente cos responsables dos outros centros a través da aula virtual e resolver dubidas, atender propostas de actividades suxeridas, etc.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Desenvolverase en tres fases:

  • Xornada de autoavaliación inicial. Avaliaranse os preconceptos e as experiencias previas do profesorado.
  • Desenvolvemento de actividades do centro e no centro.
  • Posta en común dos traballos. Xornada de posta en común.

O traballo distribuirase do seguinte xeito ao longo do curso:

  • 1º trimestre:
    • xornada de autoavaliación inicial (unha única sesión presencial)
    • seguimento a través da Aula Virtual
    • asistencia dos técnicos do programa no centro
    • deseño de actividades no centro
  • 2º trimestre:
    • proxección do filme «Vida» e do making off «Máis ca Vida»
    • actividades na Aula Virtual
    • desenvolvemento de actividades no centro
    • apoio no centro do equipo do filme
    • deseño do produto final
  • 3º trimestre:
    • elaboración do produto final
    • desenvolvemento de actividades no centro
    • xornada final de posta en común (lugar por determinar)

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación do profesorado:
    • Xornada de autoavaliación inicial
      Obrigatoriedade: a esta actividade deben asistir cando menos 3 docentes do centro (preferiblemente con docencia directa na/s aula/s que participan no proxecto). O axeitado sería que asistise o seu titor ou titora.
      Modalidade: presencial
      Núm. horas: 3 h
      Data: día sen determinar (1º trimestre)
      Lugar: sen determinar
      Prazas: sen determinar
      Observacións prazas: prioridade para docentes do programa ‘e ‘. Está aberto a todos os docentes que o queiran solicitar.
      Web de acceso ao curso:
    • Curso de formación
      Referencia: sen determinar
      Centro de formación e recursos: CAFI
      Modalidade: rede
      Núm. horas: 50
      Temporalización:
      Data límite de inscrición: sen determinar
      Lugar: sen determinar
      Prazas: sen determinar
      Observacións prazas: pechada para para docentes do programa.
      Web de acceso ao curso: Aula Virtual do CAFI
  • Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial do equipo de TADEGa para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula. Asistencia no centro do equipo audiovisual.
  • Actividades complementarias (no centro):
    • Proxección de «Vida» e «Máis ca Vida»
    • Colaboración cos creadores de «Vida» para desenvolver actividades de aula
  • Actividade extraescolar (saídas): ofrecerase que o alumnado participe na Xornada de Posta en Común Final; inclúe sesións de traballo, de convivencia e sesión lúdico-festiva.
  • Material didáctico: o programa ofrece os seguintes materiais:
    • Curtametraxe «Vida» (17 min)
    • Dossier «Vida»
    • Documental «Máis ca vida» (50 min)
    • Guión dos produtos audiovisuais
    • Orientacións de traballo: seleccionar temáticas para traballar (diversidade funcional, inclusión, autoconcepto, familia, relacións persoais, formación, integración laboral, relacións de parella, lecer, sexualidade, mobilidade, prexuízos…).
  • Webs de referencia:
  • Outras webs de interese:
  • Bibliografía de referencia:
  • Listaxe de recursos e de centros de referencia:
  • Materiais educativos e pedagóxicos de referencia (como transmitir as capacidades diferentes ao alumnado, coñecementos básicos e técnicos sobre as distintas diversidades)

Produto final

  • Aberto, centrado no ámbito audiovisual. Dispoñerase dunha web para visibilizar o traballo dos centros.

Criterios específicos para a avaliación das memorias finais

Ao final do curso escolar, as persoas responsables do programa valorarán a idoneidade dos proxectos desenvolvidos en función dos seguintes criterios específicos:

  • 1-3: criterios xerais do Plan Proxecta
  • 4: nivel de implicación e participación do alumnado e do profesorado
  • 5: grao de elaboración das actividades realizadas e do produto final
  • 6: rigor no nivel de profundización na autoavaliación final e na reflexión

Tedes toda a inforamción no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19760

 

Obradoiros 2016: SOLUCIÓNS PARA XESTIONAR O CAMBIO NA TUA AULA

Comezamos có primeiro obradoiro deste ano 2016:

SOLUCIÓNS PARA XESTIONAR O CAMBIO NA TUA AULA (Impartido por Dismedia)

DATA: SÁBADO 20 de FEBREIRO

HORARIO: 10:30-13:30 hs

LUGAR: SANTIAGO DE COMPOSTELA (GAIAS:Centro de Emprendimento da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) http://www.cidadedacultura.gal/es/emprendimiento

CUSTO: 5€ para socios de TADEGA e 10€ non socios

PRAZAS: 20 persoas

COMIDA: Opcional pero é preciso reservar a través do formulario (10 €)

Constará dunha parte de presentación de Dismedia e do proxecto Baboot e outra práctica na que se desenrolará unha actividade piloto.

Dismedia presentaséntase como AXENTES FACILITADORES DO CAMBIO; o noso obxetivo é acompañar e xestionar o cambio nos centros educativos. Baboot xurde da necesidade de incorporar novas metodoloxías na aula para a etapa de Ed. Primaria.

Propón un acercamento ao traballo por proxectos e recoméndase como unha primeira fase de inicio do cambio metodolóxico no centro.

Trátase dun programa interdisciplinario no que se traballarán por proxectos as competencias clave e os contidos curriculares que establece a LOMCE.

Conta cun deseño inclusivo, propoñendo dinámicas de aula que permiten a adaptabilidade das diferentes necesidades especiais que poidan existir na aula. Está enfocado a traballar aspectos de carácter social, valores,  intelixencia emocional e un primeiro acercamiento á programación e á robótica.

Proxecto Baboot-DISMEDIA: Solucións para xestionar o cambio na tua aula

https://goo.gl/E7c9uH

Formulario de inscripción:

http://goo.gl/forms/VthqBVSxR4

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 «Diversidade, Universo dixital e Inclusión»

Os dejo el ENLACE a la página de TADEGA con el PROGRAMA ACTUALIZADO:

http://tadega.net/arquivos/5070

Lugar
Datas e datos
  • 11 e 12 de Decembro de 2015.
  • Certificación do MECD (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).
  • Certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros
  • Inscrición: https://goo.gl/N6MXYS
Venres 11 Decembro
  • 16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 a 17.30: Benvida e inauguración: Miguel Angel Valero Duboy, Director do  CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade.
  • 17.30 a 18.45: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións.
    1. Mª Cruz da Silva Rubio
    2. Venancio Graña Martínez
    3. Mª Luz López Díaz
    4. Mª Esther Núñez Pintos
    5. Ánxeles Rivela Machado
  • 18.45 a 19.00: Descanso
  • 19.00 a 21.00: Obradoiros I
Sábado 12 Decembro
  • 09.30 a 11.30: Obradoiros II.
  • 11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores
  • 12.00 a 14.00: Obradoiros III.
  • 14.00 a 16.00: Descanso.
  • 16.00 a 17.30: Obradoiros IV.
  • 17.30 a 18.00: Comunicacions libres e posters
  • 18.00 a 19.30: Obradoiros V
  • 19:30 a 20:00: Conclusións Finais
  • 20:00 h: Actuación sorpresa.
Obradoiros do IV Congreso
  1. Tablets e dispositivos móviles. Organizacion por recunchos:
    1. Técnico: Fernando Alvarez Ude Pardo.
    2. Creación de contidos: Antonio Escudero Feijoo.
    3. Escritura creativa: Susana Lamela.
    4. Intelixencias múltiples: Iago José Corral López.
    5. SAAC (Sistemas de Comunicación Aumentativa ou Alternativa): Jaime Vidal.
  2. Estratexias na aula para o cambio educativo liderado polo profesorado. Raquel Pedrouso.
  3. Gamificación no proceso da aprendizaxe. Raquel Pedrouso
  4. Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal. BJ Adaptaciones
  5. Presentación da app Comunicación Total. Asociacion DIVERTIC. www.divertic.org
  6. Monta o teu Robot de Aula por Xabier Rosas do equipo www.escornabot.com
  7. Obradoiro do CEAPAT pendente de confirmación.

Condicións

Ata o 20 de Outubro

  • Persoas socias de TADEGa: 30 €.
  • Persoas de asociacións afíns: Por Dereito, Agpetal, Eganet e Divertic: 40 €.
  • Persoas non socias: 50 €.

Descontos por grupos (de 5 ou máis persoas)

  • Prezo: desconto de 5 € por participante.
  • Remitir a contactar@tadega.net a solicitude de grupo coa relación dos seus integrantes.
  • Cumprimentar de xeito ordinario o formulario de inscrición.
  • Efectuar un único pago polo importe correspondente.

Observacións

  • Despois do 22 de novembro: as cotas increméntatnse en 15 €, non se aplican descontos a grupos.
  • Cea de gala: prezo por persoa (matriculada ou acompañante): 35 €.

Dereitos de matrícula

Unha vez confirmada a matrícula, esta dá dereito a:

  • Asistencia ao IV Congreso TADEGa
  • Carpeta e documentación de traballo.
  • Certificación homologada de asistencia e, no seu caso, da publicación dos traballos expostos.
  • Asistencia (opcional) á cea de gala o venres 11 ás 21:30 h. xunto coas persoas inscritas como acompañantes no caso de ter abonado as cotas correspondentes.

TADEGA VIGO 2015