Archivos

Axudas libros de texto curso escolar 2015/2016

O, 1 de xuño, publicouse no DOG a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisiciónde libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º deeducación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educaciónespecial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no cursoescolar 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.
Podedes descargar a solicitude na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/14932
Anuncios