Archivo | 20 septiembre, 2016

Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Xa é oficial: Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscricion remata o 15 de outubro.

Obxectivo xeral:

O obxectivo do programa Aulas I+I (aulas inclusivas e igualitarias) é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que  a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:

  • Reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado con capacidades diferentes na escola.
  • Potenciar que o alumnado sexa parte activa na toma de decisións.
  • Producir un cambio metodolóxico nas aulas, que dea cabida a todo o alumnado.
  • Formar o profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.

Obxectivos específicos:

PARA O ALUMNADO

  • Identificar condutas sociais excluíntes.
  • Desenvolver técnicas de traballo cooperativo que favorezan a empatía co alumnado máis desfavorecido (simulación de casos, xogos de rol…).
  • Valorar o traballo cooperativo como unha estratexia de solidariedade necesaria para a vida en comunidade.
  • Deseñar ou elaborar recursos creativos, dixitais… que favorezan a inclusión.
  • Lograr un coñecemento práctico sobre as diferenzas mais salientables que se atopan na aula/escola.

PARA O PROFESORADO

  • Definir o que se entende por exclusión, segregación, integración e inclusión.
  • Definir o que se entende por diversidade funcional.
  • Abordar o tratamento conceptual sen incorrer en usos discriminatorios da linguaxe.
  • Rebaixar os niveis de autocompracencia cos obxectivos conseguidos na inclusión.
  • Poñer en práctica estratexias ou metodoloxías que favorezan a integración de todo o alumnado nas dinámicas de aula.
  • Realizar actividades que favorezan o contacto coa diversidade funcional para poñer en práctica as aprendizaxes adquiridas.
  • Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.
  • Identificar as potencialidades do alumnado.
  • Formarse nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
  • Mellorar as estratexias para que os grupos humanos funcionen por solidariedade e por empatía.
  • Avaliar a idoneidade dos espazos e dos recursos físicos e humanos do centro que favorecen a inclusión (portas, pupitres, ascensores, aseos, accesos, equipos informáticos, dotación tecnolóxica, profesorado especialista…).
  • Implicar o centro e as familias nas accións desenvolvidas para que a integración sexa un obxectivo compartido.
  • Establecer canles de participación para o alumnado e o resto da comunidade educativa onde poder debater e delatar as cuestións de interese.
  • Favorecer o contacto e o traballo en rede entre centros participantes no programa ou centros de referencia no ámbito da inclusión (ex. TADEGA, ASPANAES, ASPRONAGA, CPI José García García, Cruz Vermella, etc.).

PARA AS FAMILIAS

  • Lograr que as familias acollan a diversidade das aulas como un valor engadido e inherente á diversidade dos grupos humanos.
  • Lograr a participación activa das familias nalgunhas actividades desenvolvidas ao abeiro da participación no programa.
  • Colaborar coas familias na busca das potencialidades do alumnado, para que toda a comunidade educativa traballe polos mesmos obxectivos, deben coñecer e recoñecer para mellorar.

Metodoloxía recomendada

Abordarase unha proposta metodolóxica de aprendizaxe por proxectos baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno inmediato. O centro deseñará actividades para levalas a cabo no propio centro dentro dun proxecto interdisciplinario que inclúa elementos do currículo de diversas materias, áreas, ámbitos ou módulos e que se integre nas programacións específicas do profesorado participante e na programación xeral anual.

O centro contará co apoio do equipo de Tadega e cooperativamente cos responsables dos outros centros a través da aula virtual e resolver dubidas, atender propostas de actividades suxeridas, etc.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Desenvolverase en tres fases:

  • Xornada de autoavaliación inicial. Avaliaranse os preconceptos e as experiencias previas do profesorado.
  • Desenvolvemento de actividades do centro e no centro.
  • Posta en común dos traballos. Xornada de posta en común.

O traballo distribuirase do seguinte xeito ao longo do curso:

  • 1º trimestre:
    • xornada de autoavaliación inicial (unha única sesión presencial)
    • seguimento a través da Aula Virtual
    • asistencia dos técnicos do programa no centro
    • deseño de actividades no centro
  • 2º trimestre:
    • proxección do filme «Vida» e do making off «Máis ca Vida»
    • actividades na Aula Virtual
    • desenvolvemento de actividades no centro
    • apoio no centro do equipo do filme
    • deseño do produto final
  • 3º trimestre:
    • elaboración do produto final
    • desenvolvemento de actividades no centro
    • xornada final de posta en común (lugar por determinar)

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación do profesorado:
    • Xornada de autoavaliación inicial
      Obrigatoriedade: a esta actividade deben asistir cando menos 3 docentes do centro (preferiblemente con docencia directa na/s aula/s que participan no proxecto). O axeitado sería que asistise o seu titor ou titora.
      Modalidade: presencial
      Núm. horas: 3 h
      Data: día sen determinar (1º trimestre)
      Lugar: sen determinar
      Prazas: sen determinar
      Observacións prazas: prioridade para docentes do programa ‘e ‘. Está aberto a todos os docentes que o queiran solicitar.
      Web de acceso ao curso:
    • Curso de formación
      Referencia: sen determinar
      Centro de formación e recursos: CAFI
      Modalidade: rede
      Núm. horas: 50
      Temporalización:
      Data límite de inscrición: sen determinar
      Lugar: sen determinar
      Prazas: sen determinar
      Observacións prazas: pechada para para docentes do programa.
      Web de acceso ao curso: Aula Virtual do CAFI
  • Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial do equipo de TADEGa para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula. Asistencia no centro do equipo audiovisual.
  • Actividades complementarias (no centro):
    • Proxección de «Vida» e «Máis ca Vida»
    • Colaboración cos creadores de «Vida» para desenvolver actividades de aula
  • Actividade extraescolar (saídas): ofrecerase que o alumnado participe na Xornada de Posta en Común Final; inclúe sesións de traballo, de convivencia e sesión lúdico-festiva.
  • Material didáctico: o programa ofrece os seguintes materiais:
    • Curtametraxe «Vida» (17 min)
    • Dossier «Vida»
    • Documental «Máis ca vida» (50 min)
    • Guión dos produtos audiovisuais
    • Orientacións de traballo: seleccionar temáticas para traballar (diversidade funcional, inclusión, autoconcepto, familia, relacións persoais, formación, integración laboral, relacións de parella, lecer, sexualidade, mobilidade, prexuízos…).
  • Webs de referencia:
  • Outras webs de interese:
  • Bibliografía de referencia:
  • Listaxe de recursos e de centros de referencia:
  • Materiais educativos e pedagóxicos de referencia (como transmitir as capacidades diferentes ao alumnado, coñecementos básicos e técnicos sobre as distintas diversidades)

Produto final

  • Aberto, centrado no ámbito audiovisual. Dispoñerase dunha web para visibilizar o traballo dos centros.

Criterios específicos para a avaliación das memorias finais

Ao final do curso escolar, as persoas responsables do programa valorarán a idoneidade dos proxectos desenvolvidos en función dos seguintes criterios específicos:

  • 1-3: criterios xerais do Plan Proxecta
  • 4: nivel de implicación e participación do alumnado e do profesorado
  • 5: grao de elaboración das actividades realizadas e do produto final
  • 6: rigor no nivel de profundización na autoavaliación final e na reflexión

Tedes toda a inforamción no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19760

 

FIESTA DE LAS FAMILIAS

Un año más, volvemos a disfrutar de una jornada festiva en las instalaciones que la Asociación ASPRONAGA tiene en Oleiros.

Todos los años, familias y usuarios, son invitados a pasar una jornada de convivencia, acompañada de visita de las instalaciones, juegos, espectáculos músicales y una comida.

Estos dos últimos cursos, se han incorporado al aula LILA alumnos nuevos que todavía no conocían el lugar ni al personal que trabaja allí y creí que sería una buenísima oportunidad para ir.

Por otro lado, también me parecía muy interesante para que los antiguos alumnos se encontraran de nuevo.

Cómo podéis ver en las imágenes, hubo tiempo para subir en los Kars, jugar al tiro con arco o jugar una pachanga con veteranos del Deportivo de La Coruña.

En la página que Aspronaga tiene en Facebook podéis ver más:

Os esperamos el próximo Septiembre con más ganas y más familias, compartiendo este día con sus hijos!!!